A Casa de Anxo e Samu
A escasos metros do hotel rural Casa Fontequeiroso, poñemos á vosa disposición a Casa de Anxo e Samu, unha preciosa casa de pedra moi acolledora.
Está concebida como un espazo aberto organizado como un dúplex.
Arriba atópase o dormitorio principal cunha terraza aberta ao val que desemboca na praia de Nemiña, a menos de dous quilómetros.
Abaixo, unha cociña equipada, un baño completo e a gran sorpresa da casa: un jacuzzi que vos permitirá vivir momentos máxicos e relaxantes en parella, en familia ou despois dunha dura etapa de sendeirismo.
Amigos sendeiristas, do Camiño dos Faros, do Camiño de Santiago, aquí vos espera un merecido descanso.
Con moito gusto imos recollervos ao final da vosa etapa, ao Cabo Touriñán, á praia de Nemiña ou a cualquera punto aproximado.
Consultade a nosa oferta de experiencias con todo incluído. Nós encargámonos de agarimarvos para que vós só vos preocupedes de gozar do momento.