O hotel rústico máis occidental de España
O Hotel Rústico Casa Fontequeiroso, situado na pequena e acolledora aldea de Nemiña (Muxía), caracterízase por ser o hotel rústico máis occidental de España. Goza dun contorno privilexiado, próximo ao cabo Touriñán e á praia de Nemiña, destino dos amantes do surf.
Situado a menos de dous quilómetros tanto do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía como da praia de Nemiña, punto final da penúltima etapa do Camiño dos Faros, este establecemento conta cun total de 6 habitacións totalmente equipadas con baño propio, terraza, televisión e conexión wifi gratuíta. Entre os espazos comúns destacan un salón comedor con cheminea e un segundo salón de lectura con televisión, biblioteca e una terraza con excelentes vistas sobre o val. O exterior está dotado dun amplo xardín, zona de aparcamento gratuíta e unha fonte antiga que lle dá o seu nome a esta casa.
Ademais, estamos á vosa disposición para axudarvos a gozar da vosa estancia, con consellos sobre rutas, visitas e actividades culturais e deportivas dispoñibles na nosa Costa da Morte.
CONDICIÓNS PARA O ALOXAMENTO CON MASCOTAS
Poderán aloxarse coa súa mascota cun recargo de 5 €/noite e coa condición de que o animal durma na súa habitación, seguindo estas instrucións:

- Non poderá levar a súa mascota ao comedor nin ás demais zonas comúns.
- Os donos son responsables dos danos e prexuízos que ocasione a mascota.
- Como responsables únicos das súas mascotas, deberán coidar o seu comportamento.
- As mascotas non se deixarán soas sen supervisión no interior do hotel nin soltas no exterior.
- Non se lles permitirá a utilización do mobiliario, tales como alfombras, sofás nin camas.