páxina de inicio de Casa Fontequeiroso

Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

NEMIÑA, DUN SOÑO Á REALIDADE

Praia de Nemiña

Érase unha vez unha pequena casa esquecida nunha aldea dun pequeno pobo muxíán que descubriu unha familia. Esta familia proxectou nesta pequena casa un gran soño. Vivir en contacto coa natureza e a xente, nun lugar onde a vida pasa lentamente e poder ver o mar cada día.

A familia foi pouco a pouco restaurando esta casa de labranza nun fermoso hotel onde cada espazo, dende os detalles interiores ata a recuperación da antiga fonte no exterior da casa, eran moldeados cun esmerado mimo e coidado.

Dende a apertura do hotel en 2008 ata a actualidade, este fogar foise enchendo de sensacións, vivencias e experiencias que compartimos con aqueles e aquelas que decidiron quedar un tempo connosco.

Agora que sabemos que os soños se fan realidade, as portas de Fontequeiroso seguen abertas porque para nós os que se achegan nunca son turistas, sempre son amigos/as.



Hotel Rústico Grupo II H-CO-2118
Lugar de Queiroso, Nemiña - Muxía, CP 15124 A Coruña, Teléfono: 981 748 946 / 617 490 851, correo@casafontequeiroso.com