páxina de inicio de Casa Fontequeiroso

Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

O hotel rústico Fontequeiroso, na pequena e acolledora aldea de Nemiña (Muxía), caracterízase por ser o hotel rústico máis occidental da España Peninsular. Goza este hotel dun enclave privilexiado próximo ao cabo Touriñán e a coñecida praia de Nemiña, destino dos amantes do surf.

O hotel, un dos máis próximos ao Camiño de Fisterra-Muxía dispón de seis cuartos totalmente equipados con baño, terraza, televisión, DVD e secador. Entre os espazos comúns destacan un salón comedor con cheminea e un segundo salón de lectura con excelentes vistas. O exterior está dotado dun amplo xardín e unha fonte, onde antigamente as xentes de Queiroso ían lavar e recoller auga. Integrado nun ámbito privilexiado, esta arquitectura convive en perfecta harmonía coa natureza que a envolve.

O Hotel Rústico Fontequeiroso obtivo recentemente a clasificación de establecemento singular por Turgalicia, órgano responsable da promoción turística na nosa comunidade.

Oferta Amar o mar: 55 €/pax (cea con menú mariñeiro + aloxamento + almorzo)

Oferta Amar o mar

Namorarse en Nemiña

Namorarse en Nemiña

Hotel Rústico Grupo II H-CO-2118
Lugar de Queiroso, Nemiña - Muxía, CP 15124 A Coruña, Teléfono: 981 748 946 / 617 490 851, correo@casafontequeiroso.com